20% OFF shipping at auxtoursdunmonde.com on orders over $79 + up to 10% OFF products
auxtoursdunmonde.com
home > GRIAL 245 > GRIAL 245
download picture
GRIAL 245Corresponde aos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2025 I Foro Grial. Cultura, artes e identidades Mara Lpez Sndez Agar Ledo Hai 75 anos, en 1950, botaba a andar Editorial Galaxia, acendendo unha luz na noite do franquismo para manter acesa a cultura en tempos hosts de persecucin e sometemento. Transcorreron desde entn 75 anos onde Galaxia asistiu fin da ditadura, ao comezo da democracia, transicin poltica e aprobacin do Estatuto de Autonoma,
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

Corresponde aos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2025

I Foro Grial. Cultura, artes e identidades

María López Sández // Agar Ledo

Hai 75 anos, en 1950, botaba a andar Editorial Galaxia, acendendo unha luz na noite do franquismo para manter acesa a cultura en tempos hostís de persecución e sometemento. Transcorreron desde entón 75 anos onde Galaxia asistiu á fin da ditadura, ao comezo da democracia, á transición política e á aprobación do Estatuto de Autonomía, á promulgación da Lei de normalización lingüística e aos cambios sociais que mudaron o prestixio e a percepción social da lingua e a cultura galegas ao tempo que determinaron un declive no uso do galego.

Conmemoramos os 75 anos transcorridos ollando cara adiante. Outro é hoxe o contexto e outros os desafíos. Entrados xa no século XXI, do que transcorreu o primeiro cuarto, atrevémonos a imaxinar a Galicia do futuro, a Galicia do ano 2050 en que se cumprirá un século da creación de Galaxia.

Os Foros Grial irán sucedéndose este ano de conmemoración, e o primeiro tivo como eixo vertebrador esa ollada prospectiva que, desde o pensamento, quixo enfrontar os problemas e desafíos que determinarán a cultura galega no próximo cuarto de século. Como será a Galicia de

2050? En que contexto celebraremos o centenario da creación de Editorial Galaxia? O museo de Pontevedra foi o escenario escollido para este primeiro Foro Grial. Alí nos acolleu a directora, Ángeles Tilve Jar, e puidemos escoitar o discurso conmemorativo de figuras clave de Galaxia, como Xosé Manuel Soutullo e Henrique Monteagudo.

Convidado a pensar a Galicia de 2050, Germán Labrador parte da célebre frase de Castelao, en que a posibilidade dunha cultura que traballe pola emancipación individual e colectiva se enfronta a unha cultura que traballa para a neutralización e o ensimesmamento. Ante esta dicotomía pregúntase polos horizontes da sociedade e da cultura galegas nun contexto de crise ecosistémica, cambio xeopolítico e peche autoritario dos Estados europeos. Asumindo que non hai resistencia que non sexa afirmativa, o pensador interrógase sobre as resistencias que están (ou non) a atopar estas transformacións aceleradas e o que isto significa. Analiza daquela como falan e como se articulan esas posibles liñas de tensión, así como os diálogos que se establecen cos mundos invisibles do pasado e outros presentes existentes no noso momento histórico, non necesariamente visibles nin  evidentes  nas  definicións máis  estendidas de cultura que hoxe temos. Afronta, en suma, o papel que podería ter un acompañamento institucional virtuoso, cómplice e non anestesiado, nesta encrucillada de emerxencias.

A continuación, Manuel Olveira pregúntase polos futuros perentorios e os pasados inacabados. O futuro preséntase metaforizado na fábula do asno e a cenoria, configurándose sempre diante da man máis inalcanzable. No sistema da arte, como noutros moitos eidos, o entusiasmo e a promesa que nos levou a empeñarnos en mirar cara adiante deixaron non só algunhas áreas desatendidas, senón tamén pasados completamente inacabados. Cómpre, pois, imaxinar ou proxectar o futuro doutra maneira tendo en conta pasados que aínda nin se atenderon nin se cumpriron: a emigración, a ditadura e a transición, mais tamén a subalternidade, a repolitización e democratización da sociedade, a produción de relatos arraigados no contexto e o fortalecemento da estruturas da arte. E ante nós perfílanse futuros perentorios: a sustentabilidade fronte ao cambio climático e ao crecemento inasumible da produción e do consumo; a crise do Estado social e o auxe de novos autoritarismos; as imposicións do mercado e as constricións para xerar e manter unha esfera independente que propicie prácticas artísticas reparadoras e emancipadoras. Estes pasados inacabados e futuros perentorios están a reclamar respostas para que a arte poida ser un espazo de transformación con calado social.

A conversa entre Carme Adán e Lourdes Méndez articúlase arredor da pregunta “Existe a comunidade?” A problemática das identidades, desde o social ao subxectivo serviu de núcleo articulador da conversa entre dúas pensadoras contemporáneas que entenden que construír comunidades esixe manter —ou reconstruír— relacións e obrigas sociais: dar, recibir, devolver. Para pensar o futuro cómpre establecer onde e con quen o pensamos, sen esquecer a transmisión interxeracional dos coñecementos teóricos e dos saberes prácticos.

A cultura e a arte foron sempre ferramentas de interpretación e de intervención, de construción da identidade e conservación da memoria; mais tamén, asemade, de exploración prospectiva do futuro. E isto é probablemente máis radicalmente certo en contextos, coma o noso, onde a marca da subalternidade fai da cultura un modo de resistencia, de loita por afirmarse e existir. Fronte ao eterno presente que caracteriza o noso tempo, a imaxinación érguese como unha ferramenta para a construción de alternativas e novos imaxinarios para un mundo mellor. O inmobilismo ancóranos nun momento de crises climáticas e civilizatorias, de guerras, refuxiados, pandemias, acumulación e finitude de recursos. Imaxinar o futuro configúrase así como unha resistencia afirmativa que nos obriga a repensar o mundo no que vivimos para poder imaxinar outros escenarios.

Non se trata só de pensar unha Galicia ou un mundo contrafactual, senón de abrir o que, en palabras de Ramón Piñeiro, constitúe auténticas olladas no futuro.


____
Editorial: Galaxia 06-2025 
Idioma: Galego
Páxinas: 172

GRIAL 245

Item no : 22338685450
sold recently : Login >>
US$ 17.77
Pay in 4 interest-free payments of $4.44 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 27 - Jul 2

Enjoy 20% off shipping

US$ 17.77

1-11

US$ 15.99

12-35

US$ 12.44

36-59

US$ 10.66

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches